O CEIP de Castrelo do Val aposta pola Biblioteca como recurso estratéxico
Un espazo para ler, escribir e aprender. A Biblioteca Escolar é un servizo facilitador no que se organizan os recursos que se precisan para a aprendizaxe, a adquisición do hábito lector e a formación no uso da información dos estudantes. Debe ser un punto de referencia nos centros dende a cal se organicen actividades para fomentar a lectura e mellorar as diferentes competencias dos estudantes. O equipo de biblioteca escolar do CEIP Castrelo do Val esfórzase en deseñar actividades relacionadas cos contidos curriculares dos diferentes cursos de educación infantil e primaria que contribúan ao desenvolvemento das compentencias básicas establecidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario